Carballo pide ao Sergas un cribado masivo pola situación "moi preocupante" de contaxios

O alcalde traslada a súa preocupación polo gromo na residencia DomusVi, na que se rexistraron máis dunha vintena de mortes.

Por Europa Press / Redacción | Carballo | 04/02/2021 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

O Concello de Carballo solicitou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a realización dun cribado xeral na poboación e informou de que, a data deste xoves, conta con 367 casos activos, tras alcanzar un pico de 400 o pasado sábado.

Reunión da comisión de seguimento da covid do Concello de Carballo
Reunión da comisión de seguimento da covid do Concello de Carballo | Fonte: Concello.

A comisión de seguimento da covid-19 neste concello analizou a evolución sanitaria na localidade, e o alcalde, Evencio Ferrero deu conta dos datos trasladados polo Sergas.

O Concello considera que, "despois de alcanzar o pico máximo con 400 casos activos o pasado sábado, a situación parece empezar a mellorar aínda que "continúa sendo moi preocupante".

O alcalde referiuse especialmente á residencia de maiores, na que xa se rexistraron máis dunha vintena de falecidos e aínda hai máis de cen persoas afectadas pola covid-19.

Ademais, explicou que, tras os cribados sectoriais realizados, pediu á xerencia da área sanitaria a realización dun xeral no municipio ao considerar que sería importante realizar "probas masivas", como se realiza por parte do Sergas noutros concellos galegos, dada a incidencia do virus en Carballo.

Na reunión, ademais, tanto a Garda Civil como a Policía Local informaron de que realizan controis diarios para velar polo cumprimento das restricións por parte da poboación e sinalaron que os principais incumprimentos están relacionados cos peches perimetrales, motivo polo que a Policía Local tramitou nos últimos días 51 denuncias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta