Feridos dous traballadores cando manexaban máquinas industriais en Mos e Dumbría

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/02/2021 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Dous operarios necesitaron asistencia sanitaria na mañá deste venres despois de sufrir accidentes cando manexaban máquinas industriais nos concellos de Mos (Pontevedra) e Dumbría (A Coruña).

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Segundo informou o 112 Galicia, o primeiro deles tivo lugar sobre as 7,15 horas deste venres no concello pontevedrés de Mos. Foi unha persoa particular quen contactou para solicitar axuda para un operario que resultara ferido mentres manexaba unha máquina na rúa Anel da Lagoa, no Polígono da Veigadaña.

Tras máis ter constancia do sucedido, o 112 pasou aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Baixo Miño e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos pero, finalmente, a persoa foi evacuada por particulares a un centro hospitalario. A Garda Civil tamén foi informada.

Doutra banda, o segundo incidente con características similares sucedeu ás 11,00 horas no concello de Dumbría. Segundo a información facilitada polo equipo sanitario, un traballador necesitou asistencia despois de sufrir un accidente cunha máquina amasadora.

A pesar de que nun principio a situación indicaba que eran necesarios medios de excarceración, finalmente confirmouse que a persoa se atopaba liberada e accesible. Por iso, por parte do 112 Galicia informouse os Bombeiros de Cee, á Garda Civil e a Protección Civil da localidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta