A Xunta recibiu máis de 3.300 denuncias de concellos por incumprimentos das medidas anticovid

Destacan os incumprimentos relativos ao uso da máscara.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/02/2021 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia recibiu máis de 3.300 denuncias de concellos para tramitar sancións da covid-19 que son de competencia municipal e explicou que xa está a enviar os primeiros 300 acordos de expedientes sancionadores, entre os que destacan os incumprimentos relativos ao uso da máscara.

Varios axentes da Policía Local realizando un control de mobilidade na saída de Santiago de Compostela
Varios axentes da Policía Local realizando un control de mobilidade na saída de Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

O uso da máscara, tanto na rúa como no interior de establecementos ou na circulación de vehículos con persoas non convivientes é a infracción máis frecuente entre todas as denuncias recibidas respecto doutras que tamén son competencia municipal, como a capacidade máximoa, o incumprimento dos horarios de peche ou o consumo de alcol na rúa.

A Xunta, que lembrou que non respectar o uso obrigatorio da máscara pode ser sancionado con ata 100 euros, explicou que os 300 acordos enviados polo momento poden supor sancións ata un importe total de 30.000 euros, en función das circunstancias de cada caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta