Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2021 | Actualizada ás 21:33
O cribado realizado en Expocoruña, na cidade da Coruña, arroxou 31 positivos. Ata a tarde do xoves participaron máis de 15.000 persoas, o 56% das 23.000 citadas, segundo informa o Sergas.
Entre outros cribados, detectouse un positivo entre as probas realizadas a profesionais de centros de saúde da área de Santiago e Barbanza. A próxima semana esta área proseguirá con máis cribados entre habitantes de poboacións como Ordes e Frades, entre outras.
Así mesmo, o Concello de Valga informou de que o cribado no municipio do pasado saldouse con tres positivos e catro indeterminados.
Ademais, a área de Ourense sinala que o vindeiro martes fará un cribado entre 2.000 habitantes da zona do Carballiño. Pola súa banda, o Concello de Vilaboa solicitou un cribado masivo para detectar casos covid-19 neste municipio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.