Feijóo abre a porta a relaxar as restricións a partir da próxima semana

O Presidente ve "posible" comezar a aliviar as normas a partir de mediados da semana próxima. A reunión do comité prevista para este martes, adiantou, manterá as restricións como están.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2021 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abriu este luns a porta a relaxar as restricións da covid 19. Como sinalou nunha rolda da prensa este luns, recoñida por G24Noticias, Feijóo ve xa "posible" que "a mediados da próxima semana" se poida dar "algún respiro" ao aliviar algunhas das restricións decretadas fronte o avance da pandemia da covid.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa tras o Consello da Xunta. ANA VARELA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa tras o Consello da Xunta. ANA VARELA | Fonte: XUNTA

Así o apuntou o titular do Goberno galego na Coruña, onde celebrou o "o primeiro dato optimista" e "esperanzador", a baixada da positividade ao 4,5 % este domingo con "só 500 novos infectados". "É un optimismo condicionado porque a presión hospitalaria segue sendo alta", recoñeceu Núñez Feijóo, que apuntou que mañá se celebrará unha reunión do comité clínico na que non se rebaixarán as medidas nin se establecerán limitacións novas. 

No encontro, avanzou, terá lugar unha "análise" da situación "concello por concello" e estudarán "cal é a previsión da curva".  Respecto da vacinación, sinalou que o obxectivo de Galicia é finalizar este mes coas dúas doses de todo o persoal do Servizo Galego de Saúde e indicou que neste mes empezarase a administrar nos centros de día e en persoas maiores de oitenta anos. "Cando haxa vacinas non haberá ningunha restrición", recalcou o presidente da Xunta. Feijóo avanza deste xeito que non prolongará as medidas restritivas máis alá do prazo inicialmente posto, malia que, como el mesmo recoñeceu, os datos de ocupación de UCIs seguen batendo marcas históricas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta