Moción de censura en Ribadavia para situar o primeiro goberno de mulleres neste concello

A socialista Noelia Rodríguez asumiría a Alcaldía, con Paula Rodríguez (de Ribeiro en Común) como tenente de alcalde.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/02/2021 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

Os sete concelleiros que suman PSOE e Ribeiro en Común rexistraron unha moción de censura en Ribadavia para apartar da Alcaldía ao rexedor popular César Fernández Gil.

César Fernández gobernaba en minoría desde as eleccións municipais do ano 2019, dado que os populares teñen cinco concelleiros dunha Corporación que conforman un total de 13 edís --o resto de grupos confórmano catro edís do PSOE, tres de Ribeiro en Común e un do BNG--.

A proposta dos impulsores da moción é que a edila socialista Noelia Rodríguez asuma a Alcaldía, con Paula Rodríguez (de Ribeiro en Común) como tenente de alcalde.

Ambas as formacións xustificaron o impulso da moción polos "incumprimentos" dos populares e reivindican un goberno "de cambio, progreso e feminista". Non en balde, subliñaron que se tratará "do primeiro goberno municipal da historia de Ribadavia que estea encabezado por mulleres".

Castelo de Ribadavia. Fonte: facebook Festa da Istoria
Castelo de Ribadavia. Fonte: facebook Festa da Istoria

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta