Seguen as festas na terceira onda: Denunciados 16 mozos sen máscara nun chalé abandonado

Tamén nesta localidade foi disolta unha festa nun piso e outro botellón nun parque.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2021 | Actualizada ás 16:04

Comparte esta noticia

A Policía Local de Marín tramitou no último fin de semana 44 denuncias relacionadas coas medidas de protección ante a Covid-19 e interveu tres festas privadas, unha delas dun grupo de 16 mozos sen máscara nun chalé abandonado.

Segundo informaron fontes da Policía Local, o sábado día 6 pola tarde un veciño denunciou que nun chalé abandonado do municipio había unha festa na que os mozos fumaban e bebían.

Ao chegar a patrulla puido comprobar que nesta reunión participaban polo menos 16 persoas e que tiñan preparadas bebidas e música. Ademais, non facían uso de máscaras de protección. Unha vez disolta esta reunión non autorizada debido ás restricións vixentes en toda Galicia para frear a pandemia da Covid-19 --entre as que se limitan as reunións a convivientes-- os axentes propuxeron para sanción aos intervenientes.

Nese mesmo sábado pola noite, a Policía Municipal recibiu outra chamada para denunciar unha festa ilegal nun piso no que había "moito ruído" e "bastantes persoas" no interior. O residente deste inmoble admitiu ante os axentes municipais que estaba de celebración con varios amigos non convivientes, pero negouse a clausurala e asumiu as consecuencias pola devandita festa.

Xa o domingo pola tarde, novamente tras requirimento veciñal, a Policía Local marinense comprobou que oito mozos estaban de botellón nun espazo natural, aínda que neste caso ao ser requiridos polos axentes desistiron da súa actitude, e recolleron, ademais, os restos e envoltorios das consumicións.

Botellón
Botellón | Fonte: arquivo

PONTEVEDRA

POr outra banda, a Policía Nacional tramitou, no marco dos controis para frear a Covid-19, 14 actas de denuncia por reunión de non convivientes e outras 11 actas por non usar máscaras e a celebración de botellóns durante os controis realizados o fin de semana pasado na cidade de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta