Un visor xeográfico informará en tempo real dos feitos que impliquen contaminación mariña

Publicada a revisión do Plan de contaminación mariña de Galicia, dispoñible nunha nova web.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2021 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a revisión do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galicia, Plan Camgal, para adaptar a redacción do texto ao decreto aprobado en 2016. Ademais, créase unha nova páxina web na que se inclúe toda a documentación na materia e habilítase un visor xeográfico do litoral.

Segundo informou a Europa Press a Consellería do Mar, trátase dun trámite administrativo para adaptar a redacción do texto a esta normativa aprobada en 2016 --cando se actualizou o decreto de 2012--, cambios que permitiron, entre outras cuestións, axustalo ao Sistema Nacional de Resposta.

Tal e como sinala a resolución publicada no DOG, o Plan Camgal naceu no 2012 para dar unha resposta áxil e coordinada ante unha eventual continxencia por contaminación. Con este obxectivo, recolle un conxunto de normas e procedementos básicos de actuación, a estrutura de organización e o sistema de resposta das administracións públicas fronte a un episodio de contaminación mariña accidental que se produza ou afecte o litoral da nosa Comunidade Autónoma.

PÁXINA WEB

Como novidade, a revisión inclúe a posta en marcha dunha nova páxina web (www.plancamgal.gal) na que se pode consultar toda a información relativa a esta normativa --información que antes se consultaba no Intecmar--. Entre outras cuestións, neste portal web atópase un visor ou interface entre o sistema e os distintos actores implicados nun accidente. Nel pódese consultar información xeorreferenciada para a cal, o usuario identificado, ten permiso de visualización.

Traxectoria do Prestige nas horas previas e posteriores ao accidente (puntos laranxas), momento do accidente (punto vermello), posicións onde se avaliaban os modelos de xeración e propagación de ondada (puntos azuis), e aboias de medida de ondada na zona (puntos verdes)
Traxectoria do Prestige nas horas previas e posteriores ao accidente (puntos laranxas), momento do accidente (punto vermello), posicións onde se avaliaban os modelos de xeración e propagación de ondada (puntos azuis), e aboias de medida de ondada na zona (puntos verdes) | Fonte: Universidade de Alcalá

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta