Asturias, Ceuta e Euskadi entran no rexistro obrigatorio de viaxeiros da Xunta

Estes tres territorios súmanse ao resto de comunidades que se atopan na listaxe de rexistro obrigatorio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2021 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

O Goberno galego actualizou a listaxe de territorios de rexistro obrigatorio para os viaxeiros que visiten a comunidade galega, unha ferramenta á que agora se engaden Asturias, Euskadi e a cidade autónoma de Ceuta.

A resolución publicada este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) inclúe un total de trece comunidades autónomas. Ademais destas novidades, xa se atopaban na listaxe Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana, Estremadura, Madrid, Castela e León, Andalucía, Aragón, A Rioxa, Melilla e Murcia. Baleares e Cataluña, pola súa banda, saen da listaxe de territorios de rexistro obrigado de viaxeiros difundido pola Dirección Xeral de Saúde Pública.

No caso de Europa, saen do rexistro un total de sete territorios (Chipre, Eslovaquia, Holanda, Irlanda, Letonia, Malta, Suecia) e entra Latvia, que se une a Portugal, Acerbaixán, Andorra, Eslovenia, Estonia, Kósovo, Lituania, Mónaco, Montenegro, República Checa, Reino Unido, San Mariño e Xibraltar.

Tamén están obrigados a comunicar a súa chegada calquera visitante procedente de África e dun quince países do continente americano, en concreto Aruba, Ecuador, Estados Unidos, El Salvador, Guatemala, Honduras, Illas Turks e Caicos, Panamá, Paraguai, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua e República Dominicana.

Finalmente, o rexistro obrigado de viaxeiros inclúe uns 25 territorios asiáticos: Bangladesh, Emiratos Árabes, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kirguizistán, Líbano, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen.

Todas as persoas que cheguen a Galicia desde estes lugares, ou que estivesen neles nos últimos 14 días, deberán cubrir o formulario habilitado na web do Sergas ou ben comunicalo ao teléfono 881 00 20 21 no prazo das 24 horas.

Varias persoas facaturan a súa equipaxe na terminal T4 do Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barallas. Jesús Hellín - Europa Press
Varias persoas facaturan a súa equipaxe na terminal T4 do Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barallas. Jesús Hellín - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta