O BNG pide recoñecer as seleccións deportivas galegas "para poder competir a nivel internacional"

O BNG critica a actitude do Goberno central "ao non realizar ningunha acción para que se recoñeza de maneira oficial o labor das seleccións galegas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2021 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou unha iniciativa no Congreso coa que insta o recoñecemento oficial das seleccións galegas "para poder participar en competicións de carácter internacional".

Tamén expoñen os nacionalistas "dotar" ás federacións deportivas galegas "dos medios e ferramentas xurídicas necesarias" para acceder a ese recoñecemento internacional. A organización critica a actitude do Goberno central "ao non realizar ningunha acción para que se recoñeza de maneira oficial o labor das seleccións galegas".

"O tecido deportivo galego conta hoxe cun alto nivel que compite e logra premios tanto a nivel estatal como no marco internacional na maior parte das disciplinas. Ademais, en casos como o fútbol galego, conta coa súa propia selección xogando en campionatos europeos e mundiais en que consegue importantes galardóns", relata o Bloque.

Neste sentido, a formación afirma "non entender como é posible que o Goberno continúe pondo trabas para que as seleccións galegas poidan competir de maneira oficial nos campionatos de carácter internacional".

O deputado Néstor Rego apunta que "outras nacións sen estado están a facelo" e cita a Escocia, Gales e ata territorios como Xibraltar. "Nin a lexislación española nin a europea prohiben a oficialidade internacional das seleccións deportivas de nacións sen Estado", asegura.

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria na Cámara Baixa, en Madrid (España), a 30 de novembro de 2020. O Pleno afronta desde hoxe a fase final do debate do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado. EUROPA PRESS
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria na Cámara Baixa, en Madrid (España), a 30 de novembro de 2020. O Pleno afronta desde hoxe a fase final do debate do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado. EUROPA PRESS | Fonte: R.Rubio.POOL - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta