Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 11:29
Novo episodio de polémica pola distribución das vacinas. Cando á fin comezan a quedar atrás os primeiros casos de cargos políticos e militares que saltaron a orde para que lles inocularan a vacina antes de tempo, agora é a propia orde disposta polo Ministerio de Sanidad a que levanta críticas e suspicacias na bancada política. A última voz en se erguer contra a orde disposta polo Goberno foi o deputado do BNG en Madrid, Néstor Rego.
Rego cargaba en duros termos contra a xerarquía deseñada polo Ministerio de Sanidad, chegando a poñer en dúbida que tal orde tivera connotacións máis políticas que sanitarias. En particular, afeaba que os membros do exército español recibiran as vacinas antes que, por exemplo, o "persoal de supermercados, comercios, hostalaría"... O Goberno anunciou días atrás que esta vaga de vacinación incluirá, á parte dos militares, a forzas policiais e docentes. Recibirán, se todo vai segundo o previsto, a vacina de AstraZeneca.
De verdade? Os militares antes que traballadores esenciais que están en contacto con moitas persoas cada día? Antes que persoal de supermercados, comercios, hostalaría, docentes...? É criterio sanitario ou político?
— Néstor Rego (@NestorRego) February 9, 2021
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.