Sanidade decidirá despois dos datos da fin de semana se as universidades retoman as clases presenciais

O conselleiro Julio García Comesaña explicou que "todo parece indicar" que no ámbito educativo, tanto universitario como non universitario, "a situación está ben" e "seguen sendo espazos seguros".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade e o comité clínico de expertos esperarán a coñecer os datos epidemiolóxicos da contorna do fin de semana para decidir se as universidades galegas retoman finalmente as súas clases presenciais a partir do 17 de febreiro. Así o explicou, a preguntas dos medios, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados no comité clínico desta semana.

En concreto, o conselleiro instou a ser "igual de prudentes que co resto de medidas" dunha posible desescalada se continúa a boa tendencia e, en concreto, a coñecer os datos da "contorna do fin de semana", que se analizarán nunha nova reunión o luns, día 15.

En todo caso, explicou que "todo parece indicar" que no ámbito educativo, tanto universitario como non universitario, "a situación está ben" e "seguen sendo espazos seguros". No entanto, lembrou que as medidas se toman tendo en conta "a globalidade" do estado epidemiolóxico de Galicia e coa intención de ser "especialmente precavidos".

En canto ao ensino non universitario, explicou que a incidencia está a baixar "do mesmo xeito que no resto da comunidade", xa que os seus casos son sensibles ao estado global dos lugares onde se sitúan. A poboación escolar, lembrou Comesaña, está a incorporarse tanto aos cribados como ao test de saliva das áreas onde se realizan pooling.

Rolda de prensa do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Xunta de Galicia
Rolda de prensa do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta