Novo pacto entre PP e Jácome en Ourense que desactiva a moción de censura do PSdeG

A popular Flora Moure integrarase na xunta local de Ourense. O PSOE insta o resto de forzas a situarse "con claridade" para "acabar con 35 anos de baltarismo"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

No Concello de Ourense recuperouse a Xunta de Goberno Local que non podía celebrarse por non chegar ao mínimo de quórum tras o ingreso de Telmo Ucha por coronavirus. Celebrarase o vindeiro luns grazas á incorporación de Flora Moure, como representante do Partido Popular, tras un novo pacto entre o rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente provincial, José Manuel Jácome.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. EUROPA PRESS - Arquivo
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. EUROPA PRESS - Arquivo

Un pacto que pemite a Jácome continuar a actividade municipal co apoio puntual dos populares --cos que romperon en setembro do pasado ano-- e que desactiva ademais, as conversas que mantiñan os socialistas para asinar unha moción de censura contra Baltar na deputación.

Jácome defendeu o pacto "para non atrasar proxectos da cidade", per os socialistas lamentan que o Partido Popular "revenda" a cidade de Ourense "usándoa como moeda de cambio" para "manter a Manuel Baltar na cadeira provincial".

Os socialistas censuran "venderon á cidade co pacto da vergoña e vólveno a facer coa entrada de Flora Moure na Xunta de Goberno". Así mesmo, aseguran que é un exemplo "da situación de extrema debilidade de Baltar" posto que, na súa opinión, o movemento por parte do Partido Popular "demostra que están a tentar queimar todas as vías ao seu alcance para frear o irremediable".

Neste sentido, os socialistas esixen a Cs que "abandonen a pasividade" e permitan "un cambio histórico" para Ourense asegurando que "de ningún modo se  pode seguir aprazando a situación".

MOCIÓN DE CENSURA

O Partido Socialista de Ourense solicitou ao resto de forzas políticas da provincia que se pronuncien "con claridade" respecto diso á moción de censura que busca promover na Deputación de Ourense para "acabar con 35 anos de baltarismo".

Os socialistas afirman sentirse "esperanzados" despois dun proceso de conversacións no que, aseguran, todos os partidos políticos mostran "a súa desconformidade" sobre que o presidente da Deputación continúe sendo Manuel Baltar. O longo proceso de conversacións ao que fan referencia débese aos intentos da Agrupación Municipal de obter o apoio do resto de formacións para derrocar a Baltar nun momento no que apuntan "atópase en extrema debilidade".

Dos vinte e cinco deputados que conforman a institución, 12 pertencen ao Partido Popular polo que calquera moción de censura por parte do Partido Socialista---con 9 deputados-- necesitaría o apoio tanto do representante do BNG como do de Ciudadanos aínda que, para sumar os 13 deputados da maioría absoluta, tamén tería que integrar no acordo aos dous deputados que entraron da man de Democracia Ourensá.

Así, o PSOE trata de buscar un acordo con cada un dos representantes provinciais a excepción do Partido Popular. Para iso xa ofreceu á deputada de Cs Montse Lama a "posibilidade dun acordo progresista", e, ademais, mantivo conversacións tanto con Miguel Caride como con Democracia Ourensá. De momento non se concretaron negociacións formais co BNG, pero os socialistas din "estar estuadiando fórmulas para viabilizar a moción".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta