Esquerda Unida solicita unha reunión con comisarios europeos polo peche das factorías de Siemens-Gamesa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

A eurodeputada e portavoz de Esquerda Unida Sira Rego solicita unha reunión aos comisarios europeos polo peche das factorías de Siemens-Gamesa, unha delas situada no concello coruñés das Somozas.

Xunto coa coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, e o de Esquerda Unida en Castela-A Mancha, Rego mantivo unha reunión telemática co comité de empresa para abordar a situación do expediente en que se atopan ambas as plantas --a outra está en Cuenca--. Tras o encontro, a eurodeputada urxiu unha cita cos comisarios responsables do Pacto Verde Europeo e Emprego e Dereitos Sociais, para tratar estes peches.

Ao seu xuízo, "é difícil de entender que, en pleno compromiso europeo polas enerxías renovables co Pacto Verde Europeo e coas estratexias de economía circular, Siemens-Gamesa decida pechar dúas factorías en España".

Por iso, este peche, na súa opinión, "esconde en realidade unha deslocalización a Portugal, onde rebaixará custos laborais e producirá máis barato".

A eurodeputada Sira Rego, de Esquerda Unida. ESQUERDA UNIDA
A eurodeputada Sira Rego, de Esquerda Unida. ESQUERDA UNIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta