O cadáver achado no río Miño en Ourense é o dunha muller desaparecida en xaneiro

Deixara parte das súas pertenzas nun extremo da presa de Val.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

O cadáver atopado na mañá deste mércores no río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense, nas proximidades do Pavillón dos Remedios, corresponde a unha muller desaparecida no mes de xaneiro.

Ao redor das 12,30 horas deste mércores, o servizo de emerxencias 112-Galicia recibiu un aviso polo avistamento dun corpo no río Miño, á altura do Pavillón dos Remedios, ata onde acudiron efectivos de emerxencias de Ourense, Protección Civil, Bombeiros, axentes de Policía Nacional e Local e persoal do 061.

A forza do río complicou o rescate do corpo, que finalmente foi trasladado ata a praia fluvial de Antena, onde a brigada da Policía Xudicial, a Policía Científica e un médico forense procederon ao levantamento do cadáver.

Na mañá deste xoves, fontes policiais confirmaron que o cadáver rescatado é o da muller que desapareceu no río o pasado mes de xaneiro, tras deixar parte das súas pertenzas nun extremo da presa de Val. Naquel momento foi buscada por efectivos de emerxencias e mergulladores, aínda que sen éxito.

Imaxe da procura dunha pesoa desaparecida nun río
Imaxe da procura dunha pesoa desaparecida nun río | Fonte: AXEGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta