Detidas dúas persoas por darlle unha malleira a un home en Monterrei para roubarlle a carteira

Segundo fontes policiais, propináronlle un golpe na cara "que o fixo caer ao chan, onde recibiu para patadas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Verín detivo na tarde deste mércores pasado neste municipio ourensán a A.P.A., de 46 anos e veciña desta localidade de nacionalidade portuguesa, e a F.G.C., de 67 anos e veciño de Portugal, como presuntos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación nunha vivenda de Monterrei, na provincia de Ourense.

Segundo informou o Instituto Armado, o asalto ocorreu o 30 de xaneiro de 2021 nunha vivenda de Vilaza, en Monterrei, onde, "tras romper a porta de entrada á vivenda accederon ao interior e a detida asperxeu o rostro do único morador cun spray de pementa ou similar". Pola súa banda, relataron as mesmas fontes, o individuo agora detido propinoulle "un golpe na cara que lle fixo caer ao chan, onde recibiu varias patadas" e arrebatáronlle unha carteira que contiña 450 euros e un cartón bancario.

No momento da detención a presunta agresora portaba o cartón de crédito da vítima do roubo, confirmaron as mesmas fontes da Benemérita. Está previsto que os dous detidos en relación con estes feitos pasen a disposición xudicial na mañá deste xoves no Xulgado de Instrución número 1 de Verín.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta