Feijóo insiste: “toda Galicia estará vacinada en dúas semanas se mañá chegan unidades”

Responsabiliza ao Goberno central da diminución no ritmo de vacinación por non realizar un "bo subministro" das vacinas á poboación diana.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/02/2021 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

En dúas semanas teriamos vacinada a toda a poboacion galega. Se mañá chegan as vainas vacinamos ao 100% da poboación e estariamos en abril con todos inmunizados”. Así de rotundo se manifestou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, sobre o plan posto en marcha pola Xunta para inmunizar á poboación. Un plan que nos últimos días está tendo atrasos importantes.

De feito, GC preguntoulle ao presidente galego polo feito de que só se vacinaran a 351 persoas, segundo os datos do Ministerio de Sanidade --relativo a cifras do 9 de febreiro, xa que sempre se publican un día despois--. Esta cifra contrasta coas máis de 3.000 dose que se puxeron en días anteriores.  “Hai autonomías que despregan todas as vacinas sen gardar ningunha doses para a segunda volta e outras gardamos entre o 30 e 40% de doses para que non haxa interrupcións despois. E nós optamos por este modelo”, foi a súa resposta para xustificar o retardo de todo o proceso.

Deste xeito, a Xunta administrou o 76,5% das 149.615 doses recibidas.  Por iso, cos novos datos,  segundo o Ministerio de Sanidade, Galicia baixa a súa taxa de vacinación que se situa na media española (o 76,6%) despois de estar durante varios días por encima das porcentaxes de vacinación do conxunto de España. “Nós seguimos a estar por riba da media segundo publican algúns xornais”, dixo en alusión a informacións de La Voz de Galicia.

Vacinación contra a covid
Vacinación contra a covid | Fonte: EP

PROBLEMA DO GOBERNO CENTRAL

Con todo, o presidente galego volveu a insistir en que a Xunta ten todo o operativo para poder vacinar á poboación pero o problema é o subministro das vacinas.  E volver incidir en que se tivera todas as unidades “vacinaría a todos os galegos en dúas semanas”.

Así, critico a porcentaxe de vacinas recibidas por Galicia e dixo que é “asimétrica” en relación a outras autonomías. Ademais queixouse de que no primeiro plan de vacinación non se cumpriu o acordo de que as CC.AA. recibiran as unidades en función do porcentaxe de usuarios en residencia e, polo tanto, en función da poboación diana. “Espero que agora se repartan en función da porcentaxe de maiores de 80 anos que temos e Galicia ten máis dun 8%”, indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ignorante total

Hablo el mudo y dijo lo que pudo..