Polémica en Galicia pola transformación das salas do 091 en "centros intelixentes"

Esta acción afecta ás cidades de Lugo e Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

A transformación das salas do 091 da Policía Nacional en "centros intelixentes", segundo a denominación do Goberno, xerou polémica na comunidade galega ao afectar a Lugo e Ourense. Así, mentres o PP esixe a paralización do que considera dous "peches", tanto na cidade da Muralla como na das Burgas, para trasladar o servizo neste último caso á Coruña, o PSOE fala de "reorganización".

Policía Nacional en Lugo. PP DE LUGO
Policía Nacional en Lugo. PP DE LUGO | Fonte: Europa Press

Apuntan os populares á resolución do 28 de decembro que clausura este servizo "tamén en Ourense, trasladándoo á Coruña", o que, aseguran, "reducirá significativamente a eficacia desta prestación e prexudicará a seguridade en ambas as cidades". Para o PP, esta medida supón "o desmantelamento da seguridade nas provincias máis despoboadas" e obedece "única e exclusivamente a motivos económicos".

Na mesma liña, o PSOE no Congreso cualifica de "polémica artificial" as críticas do PP de Ourense sobre o que cualifica "reorganización" das salas do 091. Este é, segundo os socialistas, "un plan herdado do Goberno do PP" que "eles non levaron á práctica porque estaban máis centrados en utilizar a policía para ocultar a súa corrupción e non en dar o mellor servizo ao cidadán".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta