O alcalde de Santiago prevé que a estación de autobuses estea operativa "na primeira quincena de maio"

Adquire a maior parte das accións de Uninova para convertela nun medio propio para "transferirlle medios e encargos de xestión".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2021 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, previu que a nova estación de autobuses se atope "plenamente operativa na primeira quincena de maio" e indicou que a Xunta estima que a finalización das obras e a súa entrega ao Concello terán lugar en torno ao 15 de marzo.

Diso deu conta nunha rolda de prensa na que indicou que nas próximas semanas deberá asinarse o convenio coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e Tussa para a ordenación da xestión da explotación da estación e ao que deu luz verde a corporación local nun pleno extraordinario celebrado este venres.

Ademais, no mesmo prazo, Bugallo apuntou que deberá realizarse de modo formal a engarga da xestión da infraestrutura a Tussa, tras o que dará comezo o traslado de persoas e equipos municipais e das empresas, que se prolongará "un mes e medio ou dous meses". Así, o alcalde estimou que "na primeira quincena de maio" a nova estación de autobuses estará "plenamente operativa".

Adicionalmente, lembrou que o Concello asumirá os gastos de limpeza e conservación da pasarela que conectará a estación intermodal en virtude dun acordo de 2016 cuxa asina por parte da Administración local criticou xa que se refire a unha infraestrutura situada sobre zonas de titularidade autonómica e de Adif. A este respecto, augurou que a partida de 82.000 euros prevista para realizar este mantemento durante un período de nove meses deberá ampliarse.

Izado da pasarela da intermodal de Santiago.. XUNTA
Izado da pasarela da intermodal de Santiago.. XUNTA

UNINOVA

Así mesmo, o rexedor compostelán explicou que na sesión plenaria aprobouse un expediente de crédito extraordinario por valor de case 57.200 euros, financiado con baixas por anulación, para adquirir a maior parte das accións de Uninova, unha sociedade participada polo Concello e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) ao 49% e 51%.

Así, o Consistorio buscará facerse con novas accións para converterse no propietario do 80% desta sociedade destinada a iniciativas innovadoras co obxectivo convertela nun medio propio para "transferirlle medios e encargos de xestión", o que requirirá dunha modificación estatutaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta