A Xunta arremete contra os comuneiros do Xurés que "piden 10.000 euros por hectárea" para a base contra incendios

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, acusou aos comuneiros de pechar "'manu militari' a base" en xuño e censurou que soliciten estas cantidades en concepto de "lucro cesante".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2021 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, cargou contra a Mancomunidade de Montes de Porqueirós, en Muíños, aos que acusa de pechar " pola forza" a base contra incendios do Xurés tras caducar o acordo coa Xunta para a cesión dos terreos onde se asenta.

Uns terreos polos que, segundo o responable autonómica, os comuneiros solicitan "20.000 euros por dúas hectáreas", o que o levou a ironizar con que "oxalá" o monte galego tivese un rendemento de "10.000 euros por hectárea".

Así se pronunciou Rodríguez en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do BNG Iago Tabarés relativa á base contra incendios do Xurés, situada nos montes de Porqueirós no concello de Muíños, pechada desde xuño de 2020 pola falta de entendemento entre os comuneiros e a Xunta tras caducar en 2018 o acordo de cesión dos terreos.

Segundo o director xeral, a razón detrás do peche está nas pretensións económicas da mancomunidade de montes, cos que mantivo un encontro a mediados de decembro no que solicitaron 20.000 euros pola cesión dos terreos onde se sitúa a base que dá cobertura ao parque natural Serra do Xurés-Baixa Limia e inmediacións.

Tras manifestar que os comuneiros "pecharon 'manu militari' a base" en xuño, Manuel Rodríguez censurou que soliciten estas cantidades en concepto de "lucro cesante", á vez que subliñou que atender esta petición "faría pouco favor ao exercicio do gasto correcto" se hai "que pagar 20.000 euros para protexer o territorio, aos veciños e aos propios comuneiros".

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez. XOÁN CRESPO
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta