Temas: COVID-19 VACINAS

55.187 galegos recibiron a segunda dose da vacina contra a covid-19

Galicia administrou un total de 124.733 vacinas até agora, o 83,4% das recibidas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/02/2021 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

Galicia administrou 124.733 vacinas das 149.615 recibidas, o que supón o 83,4%, tres décimas por encima da media española (o 83,1%), segundo os datos publicados este venres polo Ministerio de Sanidade --relativo a cifras do 11 de febreiro, xa que sempre se publican un día despois--.

Vacinación contra a covid-19 na área sanitaria de Santiago e Barbanza
Vacinación contra a covid-19 na área sanitaria de Santiago e Barbanza | Fonte: Sergas.

Esta cifra supón unha alza de 6.950 máis con respecto ás que se inxectaron a anterior xornada.

Pola súa banda, hai 55.187 galegos que recibiron xa a segunda dose que inmuniza contra a covid, o que supón 105 máis respecto dos datos comunicados por Sanidade o xoves.

En concreto, Galicia recibiu 128.815 vacinas de Pfizer (unhas 20.000 máis coa última remesa desta semana), 9.800 de Moderna (5.300 máis esta semana) e as 11.000 de Astrazeneca chegadas estes días.

España recibiu 2.914.755 vacinas, das que se administraron no conxunto do territorio o 83,1% (2.423.045).

Temas: COVID-19 VACINAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta