A Xunta solicita agora que o Goberno lle traspase as competencias en dominio público marítimo-terrestre

"Reivindicamos algo que contempla a Constitución e o Estatuto de Autonomía", apuntou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/02/2021 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia decidiu activar os trámites para solicitar ao Estado a transferencia das competencias en materia de dominio público marítimo-terrestre, xa que entende que, unha vez pechado o "corpus normativo" que incumbe a este ámbito, é a administración mellor capacitada para asumir a súa xestión.

Diso informaron as conselleiras de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e Mar, Rosa Quintana, nunha rolda de prensa celebrada este sábado tras manter un encontro por videoconferencia con representantes da cadea mar-industria e da Federación Galega de Municipios e Provincias, aos que trasladou a intención do Goberno galego de iniciar o proceso para reclamar estas competencias.

Segundo detallou Ángeles Vázquez, a Xunta podería conseguir esta transferencia, que foi solicitada polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa reunión co presidente do Goberno, Pedro Sánchez; a través dun real decreto asinado polo Estado ou ben vía tramitación parlamentaria, para o que tería que levar á Cámara autonómica unha lei orgánica para a súa remisión ao Congreso.

O obxectivo detrás da intención da Xunta é "ir máis aló" na xestión do dominio público marítimo-terrestre para achegar "máis seguridade" xurídica ás instalacións que se sitúan nos case 2.100 quilómetros de perímetro costeiro de Galicia, así como "simplificar e acurtar" a tramitación de procedementos burócraticos.Todo iso porque a Xunta considera que é a administración que "coñece de primeira man a parte de ordenación e paisaxe" do litoral e porque xa está "pechado" o "corpus" normativo que afecta a este ámbito de xestión.

Vázquez, que lembrou que estas competencias xa foron transferidas desde o Estado ás comunidades de Cataluña e Andalucía, asegurou que a intención da Xunta foi ben recibida na cadea mar industria e os representantes da administración local, que mostraron o seu apoio á demanda. "Desde o minuto uno queremos darlle a maior seguiridade xurídica ás empresas en zonas costeiras", sinalou Rosa Quintana, que tachou o paso da Xunta de "valente" e "demandado polos actores" do sector.

"Reivindicamos algo que contempla a Constitución e o Estatuto de Autonomía", apuntou a conselleira de Medio Ambiente, que apuntou que a intención da Xunta é que, unha vez dispoña das competencias, facer que o uso residencial e hostaleiro "sexan análogos e intercambiables" e revisar os usos dos 361 bens protexidos que se asintan en dominio público marítimo-terrestre.

Neste sentido, advertiu que estes 361 inmobles, anteriores á Lei de Costas e que gozan dalgún tipo de protección (ambiental, cultural ou patrimonial, de carácter estatal ou autonómico), corren o risco de terminar "en ruína se non se lles dá uso".

Varias persoas camiñan por un paseo marítimo na Coruña. M. Dylan - Europa Press
Varias persoas camiñan por un paseo marítimo na Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Non sabemos se esta transferencia será utilizada para blindar os privilexios dalgúnha Presidenta de Deputación que pensa disfrutar de acceso privado á illa de Toralla? https://twitter.com/00Gamela/status...