O Concello de Sada considera que non é crible que os Franco fosen descoñecedores da posesión ilegal de Meirás

O Concello lembra que os Franco quedan cos ingresos e o Estado "estaría a lles abonar os gastos desde 1975".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/02/2021 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O Concello de Sada remitiu un comunicado no que celeba que a Audiencia Provincial da Coruña confirmase que o Pazo de Meirás é propiedade do Estado, "ratificando unha sentenza histórica conseguida desde Galicia," polo que supón o paso ao patrimonio público dun inmoble" conseguido coa represión do Estado fascista, a ditadura e o totalitarismo de Franco".

Con todo, o goberno local non comparte varias das consideracións contidas nos fundamentos da sentenza, e, moi especialmente, a declaración como "posuidores de boa fe" dos herdeiros do ditador e a consecuente incorporación ao fallo do deber de liquidación posesoria en tal condición, o que obriga a abonarlles non só gastos necesarios senón tamén os gastos útiles e, sobre todo, "a consolidar a favor do Franco todos os ingresos xerados polo Pazo e non compensalos na liquidación".

En virtude desta situación, o Concello lembra que os Franco quedan cos ingresos e o Estado "estaría a lles abonar os gastos desde 1975". O Concello de Sada considera que esta situación "non se axusta a dereito", dado que segundo recollía a sentenza do Xulgado, "a posesión dos herdeiros do ditador debe ser considerada como de mala fe".

"Considerar que eran descoñecedores ou ignorantes da posesión ilegal do Pazo e das condicións nas que Franco o adquiriu non é crible. Os Franco non poden resultar beneficiados da posesión dun ben detentado ilegalmente desde a súa orixe, apropiándose e consolidando os ingresos obtidos durante tantos anos. Franco actuou de mala fe e os seus herdeiros, tamén", esgrimiu o rexedor de Sada, Benito Portela.

O goberno local lembra que a sentenza da Audiencia "omite o feito" de que o ditame da comisión de expertos, no que fundamenta parte da súa decisión, contou cun Voto Particular do Concello de Sada, que, precisamente argumentaba a consideración posesoria como de mala fe.

En consecuencia, e aínda celebrando o fallo, o Concello de Sada recorrerá o apartado concreto relativo á liquidación do estado posesorio como de boa fe, e solicita expresamente que as outras partes (Estado, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello da Coruña), en especial ao Estado como parte actora, formalicen tamén os seus recursos en tal sentido.

O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado / M.Dylan - Europa Press. / Europa Press
O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado / M.Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 CastelaoPaSogama

A mala fé hai que demostrada, como as supostas coacción. O comunicado é un total despropósito mitinero feito para os seus. Nin o réxime foi fascista nin totalitario, que non saben o que é. Os únicos "fascistas" eran os de Falanfe, unha das familias do réxime e dun fascismo frail uno, light. E son totalitarios aquel es sistemas q exercen un control total sobre a economía e institucions socia is, culturáis e relixiosas. E todo aquelo da familia, o sindicato, o municipio, a asociación e a corporación como institucions naturais impedía ese control total. Totalitarios eran os estalinistas, e a Alemania do socialismo nacionalista nos seus dous últimos anos. Mussolini o do estado total, aludía con esa a unha sorte de comunión entre todas as clases, e Italia non chegou a ser totalitaria.

1 Gamela

Polo visto o término "fascista" é polisémico (?) Pero supoño que estás dacordo con que tódalas súas acepcións rematan pegándolle un tiro aos disidentes (?)

1 Gamela

Que apostades que cando se coñeza o montante de cartos a PAGAR o Goberno Progresista de Pedro Sánchez fará a transferencia á Xunta de Galicia da titularidade (a cambio de que os galegos paguemos dúas veces !) Daquela xa non terán dificultades na recuperación da Memoria Histórica con tal de non poñer un euro en Galicia ! Cousas veredes...