(VÍDEO) Así son os gardiáns dos mamíferos mariños en Galicia

O biólogo Alfredo López reivindica as accións da CEMMA en Galicia; atención aos animais varados, rehabilitación dos mamíferos mariños e o estudo e seguimento das poboacións mariñas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños é unha ONG galega que, dende o 1999, é a encargada da asistencia aos varamentos na costa galega, da xestión do banco de mostras destas especiesda recuperación de animais feridos e do estudo poboacional, grazas a convencios coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

Varamento de golfiños na ría de Arousa
Varamento de golfiños na ría de Arousa | Fonte: Cemma.

Ademais, a través da investigación, dedícase ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, promovendo e participando en proxectos con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos. Tamén participa na redacción dos plans de conservación das especies máis ameazadas para a administración autonómica e estatal.

RISCO DAS ESPECIES MARIÑAS

O biólogo Alfredo López, en declaracións a Galicia Confidencial, explica que o labor máis relevante da CEMMA é a procura e atención das diferentes especies mariñas que podemos atopar nas costas galegas, facendo fincapé na toniña, que é a especie que está "nunha situación de maior risco" debido as actividades humanas, "como a captura accidental en zonas pesqueiras", sostén.

No grande labor da CEMMA, ademais de biólogos e investigadores, é moi importante a participación dos voluntarios que colaboran nos proxectos de atención á diversidade mariña. Por isto, a CEMMA chama á sociedade a que contribúa na medida do posible á conservación das especies que conviven con nós nas nosas costas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta