Temas: EXAMES MAR PESCA

Aberto o prazo de matrícula para os exames de mariñeiro pescador e patrón

Os exames, tanto teóricos como prácticos, realizaranse nos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2021 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar abre este luns o prazo de matrícula para os exames comúns para obter as titulacións de mariñeiro pescador, de patrón local de pesca e de patrón costeiro polivalente.

Segundo informa a Xunta, os interesados poderán inscribirse ata o 15 de marzo --inclusive-- e atoparán na web da Consellería do Mar a documentación precisa para facelo.

Os exames, tanto teóricos como prácticos, realizaranse nos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.

No caso da titulación de mariñeiro pescador, o exame teórico-práctico será o día 26 de abril neste tres centros formativos dependentes da Xunta. O mesmo ocorre coas titulacións de patrón local de pesca (sección máquinas), cuxa proba será o 27, e as de patrón local de pesca (sección ponte e común), co exame o 28.

Por último, as probas para patrón costeiro polivalente (sección máquinas) serán o 29 e 30 de abril, mentres que as de patrón costeiro polivalente (sección ponte) terán lugar o 3 e 4 de maio.

Unha vez finalizado o prazo de solicitude de inscrición o 15 de marzo, a Consellería fará público a listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos na súa páxina web e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial, tras o cuzal abrirase un prazo de 10 días hábiles para que os excluídos poidan resolver deficiencias.

Frota, barcos, amarrada, amarrados, temporal, porto, buques, mariñeiros, pescadores, pesca. EUROPA PRESS - Arquivo
Frota, barcos, amarrada, amarrados, temporal, porto, buques, mariñeiros, pescadores, pesca. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Temas: EXAMES MAR PESCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta