Un total de 26 feridos en 24 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2021 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 26 persoas debido a 24 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana na rede viaria galega. O día con máis incidentes foi o sábado, con 10 sinistros.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 12 de febreiro e as 23,59 horas do domingo 14 un total de 32 chamadas en relación con accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados ascenderon a 35.  En 19 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios e en sete ocasiones recibiron atención no lugar do incidente. A proporción de homes atendida ascendeu ao 80 por cento e a de mulleres reduciuse ao 20%. En canto ás idades dos feridos, o 56% dos asistidos tiña entre os 30 e 49 anos.

A Coruña, con 11 accidentes, foi a provincia galega con máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con nove; Ourense, con tres; e Lugo, cun.

Ambulancia do 061 / 061-GALICIA - Arquivo. / Europa Press
Ambulancia do 061 / 061-GALICIA - Arquivo. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta