Temas: VERIN ENTROIDO

Éxito da 'máscara entroideira' de Verín

Os puntos de venda estarán abertos ata o martes de entroido para intentar cubrir a demanda que superaba as 500 unidades vendidas ata a fin de semana.

Por X.M. Fernández | Verín | 16/02/2021 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

O Concello de Verín vén de anunciar a ampliación do período de venta das súas “máscaras entroideiras” por mor da gran demanda que hai deste complemento personalizado.

Material entroido 2021. Foto: Concello de Verín
Material entroido 2021. Foto: Concello de Verín

"Desde que se puxeron á venda o pasado luns, ata hoxe, vendéronse máis de 500 máscaras", explicou a  concelleira de Educación Cultura e Festexos , Emilia Somoza. "É por isto que ampliaremos un par de días máis, os vindeiros luns e martes, o período de venda".

Os cubrebocas, que servirán para lembrar este "Entroido en pausa", poden mercarse na taquilla exterior do Pavillón Municipal de Deportes (rúa Irmáns Moreno) por un prezo de 5 euros, ata o martes 16 febreiro.

Horario: Pola mañá, de 10:00 a 13:00; Pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas.

O deseño das máscaras foi elaborado pola artista local, natural de  Albarellos, Aurora López e o propio cubre bocas, hixiénico e reutilizable, fabricado pola empresa Nicandra con tecido homologado pola normativa UNE0065 para filtrar e protexer ante a COVID-19.

Temas: VERIN ENTROIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta