Buscan a un home que atracou a punta de pistola unha sucursal en Sigüeiro

O roubo tivo lugar sobre as 12.30 horas deste luns.

Por Galicia Confidencial | Sigüeiro | 15/02/2021 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A Garda Civil iniciou un operativo de busca dun home que na mañá deste luns, sobre as 12:30 horas, perpetrou un atraco á oficina do banco Santander na localidade de Sigüeiro, en Oroso.

Dispositivo tras un atraco
Dispositivo tras un atraco | Fonte: Guardia Civil

Segundo informa a Benemérita, o home entrou na entidade exhibindo unha pistola nun momento no que no interior só estaban os empregados da mesma. Polo momento non trascenderon máis datos sobre este roubo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta