Feijóo compara o resultado do PP en Cataluña co do PSdeG en Galicia

"O presidente Casado é tan responsable do resultado catalán como o foi Pedro Sánchez da desfeita do PSOE nas galegas", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2021 | Actualizada ás 15:39

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este luns que o PP debe "examinar as causas" do resultado das eleccións catalás, pero, preguntado expresamente polo liderado de Pablo Casado, incidiu en que cada cita electoral ten características propias e non "extrapolables", polo que as responsabilidades han de ser "medidas".

"O presidente Casado é tan responsable do resultado catalán como o foi Pedro Sánchez da desfeita do PSOE nas galegas", comparou, antes de insistir en que as citas electorais teñen conxunturas distintas. Iso si, puxo o foco en Cataluña e, tras enviar un abrazo ao candidato popular, Alejandro Fernández, asegurou que o PP ten que "facer unha reflexión" e "ser capaz de transmitir á sociedade catalá" que a súa presenza é "útil".

Máis aló, apuntou que o reforzo do indepedentismo é "unha mala noticia" para España, e preguntouse "que papel" vai xogar o PSOE e como afectará á "gobernabilidade" de España a situación na que quede o goberno catalán en cuestións como a negociación dos orzamentos ou do financiamento autonómico.

Por iso, en rolda de prensa, Feijóo advertiu que o PSOE ten "a responsabilidade" de liderar o constitucionalismo en Cataluña e "combater con firmeza" ao independentismo. Ademais, preguntado por se o mal resultado do PP debilita o liderado de Pablo Casado, apelou a "non extrapolar" circunstancias, xa que cada cita electoral ten as súas propias características.

En todo caso, admitiu que o PP ten que "examinar as causas" do mal resultado e mostrouse convencido de que o fará no comité executivo que se reunirá este martes --no que el participará por vía telemática--.

Alberto Nüñez Feijóo / Xunta de Galicia. / Europa Press
Alberto Nüñez Feijóo / Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta