A Xunta abrirá as visitas aos centros de maiores que leven 10 días inmunizados tres días por semana

Os centros de discapacidade que tamén completasen a vacinación volverán permitir as saídas de fin de semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2021 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o mércores as residencias de maiores e os centros de atención á discapacidade de Galicia que leven máis de 10 días totalmente inmunizados poderán iniciar a desescalada.

Isto implica, segundo anunciou o mandatario autonómico na rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico, que os xeriátricos permitirán que dous familiares de referencia de cada usuario poderá realizar ata tres visitas á semana.

Ata o momento, as residencias de maiores permanecían blindadas desde mediados de xaneiro para facilitar o proceso de vacinación, xa que ata o momento os únicos centros sen inmunización total son aqueles en os que se detectaron brotes recentes.

En canto aos centros de atención a persoas con discapacidade (CAPD), sempre que pasasen 10 días desde a segunda dose, retomarán as saídas de fin de semana. Precisamente, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) completou a pasada semana a vacinación dos usuarios e traballadores de todos os centros sociosanitarios sen casos de covid-19. As restantes serán inmunizadas "axiña que se normalice a situación", segundo asegurou o Sergas este domingo.

E é que a campaña de vacinación permitiu nas últimas semanas que, a pesar do contexto de terceira onda da pandemia, os positivos por coronavirus nas residencias fosen en continuo descenso. Segundo datos deste luns, actualizados ao domingo, nos xeriátricos hai 186 anciáns e 90 traballadores con covid.

Unha residencia de maiores da provincia de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Unha residencia de maiores da provincia de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta