A Xunta subvenciona con máis dun millón o sector da minaría

Tamén dá 37 axudas de 1,4 millóns para a loita contra enfermidades profesionais dirixida e empresas deste sector.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2021 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

A Xunta publica este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) dúas novas convocatorias dos programas de axudas impulsados pola Vicepresidencia económica e Consellería de Economía para mellorar as condicións ambientais e laborais do sector mineiro, así como do sector de elaboración de roca ornamental. Entre ambas, os apoios autonómicos suman 1,3 millóns de euros.

A primeira das convocatorias está dirixida a empresas que, dentro do territorio da Comunidade, realicen actividades reguladas pola lexislación mineira. Conta cun orzamento de 1.016.839 euros e será de concorrencia non competitiva.

O obxectivo é favorecer a aplicación de tecnoloxías innovadoras e implantar as mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e o ruído.

Adicionalmente, tamén se convocan apoios destinados ás empresas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental para incentivar a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que se poidan derivar dunha exposición prolongada ao po. Neste caso, o orzamento é de 300.000 euros e tamén se outorgarán en réxime de concorrencia non competitiva, cun máximo de 50.000 euros por iniciativa. En ambas as ordes de axudas, a tramitación realizarase de maneira telemática.

BALANCE 2020

Por outra banda, o Diario Oficial de Galicia tamén publicou a listaxe das empresas que resultaron beneficiarias das anteriores convocatorias destas axudas. En concreto, a orde de apoios para a loita contra enfermidades profesionais dirixida e empresas do sector mineiro resolveuse cun total de 37 axudas por un importe de 1,4 millóns de euros.

En canto á convocatoria para a loita contra enfermidades profesionais dirixida a empresas de elaboración de rocha ornamental, concedéronse un total de 12 axudas por un importe de 203.500 euros.

Mina de Varilongo en Santa Comba
Mina de Varilongo en Santa Comba | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta