'Meet up Referentes Galegas', un espazo de conversa entre referentes galegas

O primeiro encontro celebrarase o vindeiro mércores 17 de febreiro e contará coas científicas África González, Mónica Cartelle e Sonia Villapol.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Executivas de Galicia presenta os 'Meet Up Referentes Galegas', un espazo de encontro online e de comunicación con mulleres que son referentes galegas de diferentes sectores que celebrarase o terceiro mércores de cada mes.

Meet up referentes galegas na ciencia
Meet up referentes galegas na ciencia | Fonte: Executivas de Galicia

Con esta actividade, Executivas busca crear un espazo aberto de conversa, un lugar no que se produza o intercambio de ideas, pero tamén un espazo de reflexión no que as 'Referentes' sexan o fío condutor de temas de actualidade.

En cada 'Meet Up Referentes Galegas', as protagonistas explicarán as oportunidades que orixinou a Covid-19 no seu sector. Os primeiros 30 minutos serán de exposición do tema de debate e este dará paso á conversa ou pequeno debate, que incluirá preguntas ou propostas das participantes. "Trátase de aprender de novas situacións, novas oportunidades e que sirvan de exemplo para outras persoas", defenden dende o colectivo.

PRIMEIRO ENCONTRO

O vindeiro mércores 17 de febreiro ás 19.00 horas celebrarase o primeiro encontro baixo o título 'Avances na investigación, desenvolvemento e innovación científica'. Contará coa presencia de tres científicas internacionais e que forman parte do programa Referentes Galegas: África González, Mónica Cartelle e Sonia Villapol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta