Galicia recibe un financiamento per cápita na media de comunidades

É unha das autonomías que máis converxeu cara á media española de PIB per cápita nos últimos 45 anos

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/02/2021 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

Galicia está entre as comunidades que reciben un financiamento per cápita na media. En cambio, é superior no caso de Asturias, Cantabria, A Rioxa, Aragón, Estremadura e Castela e León, mentres que a Rexión de Murcia e a Comunidade Valenciana son as únicas que se sitúan por baixo.

Así figura nun estudo elaborado pola Cámara de Comercio de España e o Consello Xeral de Economistas de España, que presentaron este martes e que analiza a evolución das comunidades autónomas desde a restauración da democracia.

Así mesmo, neste estudo tamén se recolle que Galicia, A Rioxa e Castela e León son as comunidades que máis converxeron cara á media española en canto a PIB per cápita nos últimos 45 anos.

En canto ao financiamento autonómico, o estudo aborda a súa evolución desde os anos 90 do pasado século e, ademais da conclusión sinalada, tamén destacan que Madrid e Cataluña, ao longo de todo o período considerado, sitúan o seu financiamento ao redor da media con pequenas diferenzas, mentres que no resto das comunidades a situación varía, segundo os anos.

Polo que se refire a a presión fiscal nos anos 90, Madrid, País Vasco, Cataluña e Cantabria ocupaban os primeiros postos, con Estremadura en último lugar. Con todo, en 2018, a maior presión fiscal rexistrábase en Baleares e a menor en Canarias.

En canto ao esforzo fiscal, as maiores taxas nos 90 rexistrábanse en Madrid, País Vasco, Cataluña, Cantabria e Andalucía, e a menor en Baleares; mentres que na actualidade, o maior esforzo fiscal corresponde a Estremadura e Andalucía, e o menor a Navarra, País Vasco e Madrid.

Diferenzas por rexións no sistema de financiamento autonómico en 2018, segundo o IEB (Ministerio de Facenda, IEB). EPDATA
Diferenzas por rexións no sistema de financiamento autonómico en 2018, segundo o IEB (Ministerio de Facenda, IEB). EPDATA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta