A Xunta investirá só 400.000 en axudas á prevención de incendios e catástrofes en 2021

Un diñeiro que septuplicará en 2022 con 3,6 millóns. A Xunta xustifica que se debe a "as datas de plantación e de limpezas".

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 16/02/2021 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia investirá 4000.000 euros este 2021 en axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en Sociedades de Fomento Forestal (Sofor). En 2022 serán outros 3,6 millóns.

Sobre esta disparidade de cifras, fontes da Consellería do Medio Rural consultadas por Europa Press xustificaron que se debe a "as datas de plantación e de limpezas". As subvencións, publicadas este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG), están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica no prazo dun mes a contar desde este mércores.

Nun comunicado, a Consellería explicou que estas axudas "contribúen a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poden provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción dos montes e, en conxunto, sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia".

Bombeiros das brigadas antiincendios da Xunta de Galicia traballan nos labores de extinción do incendio en Navia de Suarna (Lugo/Galicia/España) a 8 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo / Europa Press
Bombeiros das brigadas antiincendios da Xunta de Galicia traballan nos labores de extinción do incendio en Navia de Suarna (Lugo/Galicia/España) a 8 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta