Só 57.383 persoas recibiron a dobre dose da vacina contra a covid-19 en Galicia

Administradas 3.138 vacinas nun día en Galicia, a maior parte segundas doses

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/02/2021 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

Galicia administrou ata este martes 137.656 doses de vacina contra a covid-19, o que supón 3.138 máis que os datos publicados na xornada anterior, a maior parte delas segundas doses. En concreto, segundo reflicten os datos diarios do Ministerio de Sanidade, en Galicia hai 57.383 persoas coa pauta de vacinación completa desde que se iniciou o proceso, a finais de decembro padado, o que representa apenas o 2,1% da poboación. O novo dato supón 2.040 máis vacinados que os informados un día antes. As vacinas postas en Galicia son o 92% das recibidas (149.615).

Unha muller maior de 90 anos recibe a vacina de Pfizer contra a Covid-19
Unha muller maior de 90 anos recibe a vacina de Pfizer contra a Covid-19 | Fonte: María José López - Europa Press.

Pola súa banda, en España administráronse ata este martes 2.624.512 dose das vacinas contra a covid-19 de Pfizer, Moderna e AstraZeneca, o 90 por cento das distribuídas entre as comunidades autónomas, que ascende a 2.914.755 unidades. Ademais, 1.096.922 persoas recibiron a pauta completa de vacinación.

Os datos do departamento dirixido por Carolina Darias indican que desde o 27 de decembro recibíronse en España 2.528.955 doses da vacina de Pfizer, con 2.491.865 doses administradas e 1.087.337 persoas que recibiron as dúas doses; 192.000 correspondentes a Moderna, con 103.690 xa inoculadas e 9.585 persoas coa pauta completa; e 193.800 de AstraZeneca, con 28.957 doses administradas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se en dous meses non pasamos de 60.000 vacinados, cando van chegar as vacinas ao 70% dos galegos ? No Nadal do ano 2022 ? e mentras tanto a mercar mascarillas homologadas polo ministro de Consumo ! O prezo segue sendo un misterio competitivo !