‘O Sil’ non nos quere deixar sen entroido

O coñecido xornal valdeorrés edita a revista “Entroido en Galicia 2021”, unha das mellores publicacións sobre o entroido -galego e de territorios próximos- que se publica no país cada ano por estas datas.

Por X.M. Fernández | O Barco de Valdeorras | 18/02/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Xa está en quioscos e librarías a edición do 2021 do monográfico “Entroido en Galicia. Sen festas nas rúas”, que edita o Periódico O Sil.

Mascarada Ibérica 2020 en Viana do Bolo. Foto: M.M.
Mascarada Ibérica 2020 en Viana do Bolo. Foto: M.M.

Trátase dunha revista a toda cor de case 150 páxinas para achegarse, neste Entroido interrompido polo Covid-19, ás principais referencias desta tradición na provincia de Ourense, tanto no ámbito rural como no urbano, así como a algunhas das manifestacións entroideiras máis senlleiras do resto de Galicia e doutras zonas próximas como Castela e León e o nordeste de Portugal.

Entre os seus diversos contidos inclúe estampas, amplas reportaxes, información do Entroido nos diferentes concellos, entrevistas a expertos e aos artífices da festa, artigos de opinión, etc. Dende o equipo de redacción queren salientar que “o 2021 será un ano para ser responsables e vivir a festa dende as casas, para reflexionar e darnos máis conta do gran valor que temos nas nosas aldeas e vilas e, polo tanto, poder desfrutalo mellor e con máis coñecemento cando se poida celebrar, esperando que sexa o antes posible”.

Para os interesados e interesadas en ter este exemplar de coleccionistas ao prezo de 6 euros, comentar que está á venda en diferentes librerías e quioscos do oriente ourensán e algunhas de concellos do sur de Lugo como Quiroga.

DIFERENTES PUNTOS DE VENDA

OURENSE:Librería Citaniarúa Ramón Puga Nº 1– Tlf: 988 238 985
Kiosco Marcosrúa Bedoya Nº 2 – Tlf: 988 608147

VERÍN: Librería AZrúa Laureano Peláez S/N (Esq. Montemayor) – Tlf: 988 590 371

XINZO DE LIMIA: Librería GalaicaAvenida de Ourense Nº 11 – Tlf: 988 460 355

LAZA: Estancorúa Barrio Nº 30 – Tlf: 988 422 128

SANTIAGO DE COMPOSTELA: Quiosco San Roquerúa San Roque Nº 24 – 982 271 601- Quiosco Concheirosrúa dos Concheiros Nº 39 -Tlf: 981 562 692

PONTEVEDRA: Librería Pazrúa Peregrina Nº 29 – Tlf: 986 860 471

BUEU: Librería Mirandarúa Pazos Fontenla Nº 35 – Tlf: 986 320 504

VIGO: Librería Librourorúa Eduardo Iglesias Nº 12 – Tlf: 986 226 317

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 galego exiliado

E ahí, na foto detras do corno, está Carlos Hervella alma mater do O Sil. Miles de kilómetros e noites sin durmir pa levar adiante un fermoso proxecto.

1 galegON

Si señor. Un crack!!