Folga de 24 horas no Consorcio de Benestar para denunciar "fraude de lei" nas contratacións

A protesta convocada pola CNT prolongarase de maneira indefinida durante todos os xoves con paros entre as 8,00 horas e as 11,00 horas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/02/2021 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

O sindicato CNT chamou a todo o persoal que traballa na rede de servizos públicos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar a participar na folga de 24 horas convocada este xoves en defensa da regularización dos empregos temporais neste servizo.

A central sindical explica que a esta protesta, que se prolongará de maneira indefinida durante todos os xoves con paros entre as 8,00 horas e as 11,00 horas, está chamado todo o persoal da rede de servizos do consorcio: escolas infantís A Galiña Azul, fogares residenciais, centros de día, centros de acollida e servizos de inclusión e contra a violencia de xénero.

Así mesmo, están convocados a participar nunha concentración de protesta ás portas do Consorcio Galgo de Servizos de Igualdade e Benestar nos edificios administrativos de San Lázaro, en Santiago de Compostela, ás 12,00 horas.

Segundo subliña a CNT, o obxectivo da folga é reclamar a regularización da situación de todas as traballadoras temporais en "fraude de lei e abuso de temporalidade" independentemente da forma de acceso ao seu posto, que actualmente están en risco de despedimento tendo en conta que, conforme indica, "a Xunta incluíu a práctica totalidade das prazas na última oferta de emprego público (OPE) de finais de 2020".

O sindicato denuncia que a estratexia actual do Goberno galego "non só non é unha resposta eficaz para paliar a enorme temporalidade do emprego na administración", senón que supón unha medida de "moi forte impacto sobre o persoal que padece esta situación de abuso e fraude durante anos".

A organización, que sinala que "a inmensa maioría do persoal" do Consorcio está formada por traballadoras, destaca que con esta convocatoria de folga sitúanse "na vangarda das reivindicacións do persoal público temporal en fraude de lei e abuso de temporalidade de todo Estado", nun momento "crucial" para o futuro de decenas de traballadores dos servizos públicos que viven "momento de incerteza pola ameaza de despedimento despois de moitos anos de servizos á cidadanía".

Protesta en San Caetano
Protesta en San Caetano | Fonte: Autor: CNT

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta