5.548 aspirantes á vacina contra a covid-19 entre o persoal de Axuda no Fogar nos concellos galegos

Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/02/2021 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) trasladou ao Servizo Galego de Saúde unha relación de 5.548 traballadores municipais do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) candidatos á vacinación fronte ao coronavirus coas doses de AstraZeneca, que só se empregarán en menores de 55 anos.

Vacinación contra a covid-19 na área sanitaria de Santiago e Barbanza
Vacinación contra a covid-19 na área sanitaria de Santiago e Barbanza | Fonte: Sergas.

A elaboración do rexistro comezou este mesmo mes de febreiro, tras recibir a petición de colaboración por parte da Xunta. A Fegamp articulou entón un mecanismo para solicitar os datos requiridos polo Sergas cumprindo a normativa de protección de datos.

O envío de listaxes estableceuse inmediatamente e de forma urxente para aproveitar a repartición de vacinas de AstraZeneca en poboación menor de 55 anos e prioritaria nos protocolos de inmunización, tal e como indicou a Xunta.

En quince días, a Fegamp remitiu cinco listaxes coas referencias dos traballadores do SAF de 244 concellos. Para evitar a posible inclusión de persoas ás que non corresponda acceder a vacina nesta fase, as listaxes remitidas desde os concellos levan o aval persoal do alcalde ou alcaldesa correspondente, que dan fe da veracidade do rexistro laboral. O rexistro segue aberto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta