Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/02/2021 | Actualizada ás 16:38
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este xoves o segundo plan de rescate para hostalaría, autónomos e micropemes impulsado pola Administración autonómica para combater os efectos da covid-19, polo que llas axudas poderanse pedir de forma inmediata.
Nun acto en Fisterra, Rueda reiterou, ademais, que a intención da Xunta é repartir as axudas "o máis rápido posible, do mesmo xeito que no primeiro plan".
"Serán 75 millóns que se unen aos 85 repartidos no primeiro plan, e queremos que chegue canto antes a quen agora teñen os seus negocios pechados. Necesitan a axuda das administracións e terán a da Xunta", dixo.
Finalmente, lembrou que esta convocatoria incorpora a novidade de que tamén poderán acceder ás axudas os titulares daqueles negocios que teñan débedas tributarias coas administracións públicas.
"Non era posible, pero á vista da situación tan complicada que hai, a Xunta fará unha excepción", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.