Aparece unha loba morta cun tiro na Mezquita en plena ofensiva da Xunta contra a prohibición da súa caza

Os Axentes medioambientais da Xunta investigan xa o acontecido xa que apareceu xunto ao corpo dun xabaril que puido ser utilizado de cebo.

Por Galicia Confidencial | A Mezquita | 17/02/2021 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

Unha loba apareceu morta nas últimas horas na Mezquita. O corpo presentaba un impacto de bala tal e como informan os axentes ambientais da Xunta que xa abriron unha investigación para esclarecer o acontecido.

Un lobo morto dun tiro, neste caso trátase dunha femia atopada na Mezquita
Un lobo morto dun tiro, neste caso trátase dunha femia atopada na Mezquita | Fonte: Axentes medioambientais da Xunta

O cadáver do animal atopábase xunto ao dun xabaril que, supostamente, utilizouse como cebo. Abriuse unha investigación para dar co culpable.

Recentemente abriuse outra investigación para aclarar se a morte doutra femia na Estrada. Neste caso deuse co autor, un cazador que participara nuha batida do xabaril.

Esta morte ten lugar tras o anuncio do Goberno central de prohibir a caza deste animal e a posición absolutamente en contra da Xunta de Galicia e doutras auonomías do norte peninsular contra esta medida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Huang ho

Querendo é tan fácil saber a autoría....