Hostaleiros e autónomos de Ferrol: "cada vez que Feijóo abre a boca son 20.000 mentiras"

"Desconfío moito del.... Iso de que nos pagaron o 100% é mentira", di un membro de Hostaleiros e Autónomos Ferrolterra (H.A.F.).

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 17/02/2021 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

Hostaleiros e autónomos de Ferrol volvéronse a manifestar este mércores polas rúas desta cidade para denunciar "seguen castigados" con restricións á súa actividade e "sen ningún tipo de rescate".

"As axudas, a pesar de asegurar de que xa pagaron o 100%, é mentira. Levamos un ano con restricións e sen ningún tipo de rescate, logo de que os gobernos nos pechasen os nosos negocios e, por tanto, deberían de indemnizarnos", dixo Serxio Perille, un dos integrantes de Hostaleiros e Autónomos Ferrolterra (H.A.F.), convocantes desta mobilización.

Os participantes na protesta concentráronse desde as 12,00 horas na praza de España, ante o edificio administrativo da Xunta, facendo soar moitos deles as cacerolas que portaban, para acto seguido discorrer en manifestación pola rúa Real e levar a súa protesta á praza de Armas, onde se concentraron tamén durante varios minutos ante o Concello. Perille detallou que estudan xa "como denunciar esta situación, tal e como realizaron xa desde algunha asociación". "Polo visto, é a única alternativa que nos queda", criticou.

RETOMAR A ACTIVIDADE

A preguntas dos medios de comunicación, Perille tamén criticou as manifestacións do presidente da Xunta nas que aseguraba que aínda este sector tería que agardar para retomar a actividade.

"Do que di Feijóo, cada vez créome menos, porque fai quince días que aseguraba que ía empezar a flexibilizar o tema e aquí seguimos, cada vez que abre a boca son 20.000 mentiras. Desconfío moito de Feijóo e xa só me vale o que vexo escrito no Diario Oficial de Galicia (DOG)", sentenciou.

Hostaleiros e autónomos de Ferrol protagonizan unha nova protesta: 'seguimos castigados'
Hostaleiros e autónomos de Ferrol protagonizan unha nova protesta: 'seguimos castigados' | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Huang ho

Eu non lle votei. De onde sairon os votos que lle deron 42 parlamentarios?