Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2021 | Actualizada ás 19:47
Unha persoa resultou ferida este mércores en Lalín por mor dun lume que se produciu ao tratar de acender unha cociña de leña, e que foi apagado polos mesmos particulares que se atopaban no lugar.
O suceso rexistrouse sobre as 13,30 horas nunha cociña dunha vivenda situada no lugar de Estrada, en Vilatuxe. O lume queimou parte da cociña e afectou a toda a instancia.
O 112 Galicia informou ao 061, aos Bombeiros do Deza-Tabeirós, Garda Civil, Policía Local e aos membros do GES.
A persoa ferida non parecía revestir gravidade, pero foi trasladada polos servizos sanitarios ao Centro de Saúde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.