As borrascas non dan tregua a Galicia; unha nova fronte trae vento, choiva e forte ondada

O vento pode superar os 100 kilometros por hora.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 18/02/2021 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

Galicia estará este xoves en alerta por fortes ventos, choivas e ondada, con aviso de nivel laranxa en parte de Ourense por refachos que poderán superar os 100 kilometros por hora.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía emitiu avisos por risco meteorolóxico. O aviso será amarelo, con ventos entre os 70 e os 90 quilómetros por hora, na Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense, ademais de Asturias, Palencia, Burgos e o resto de Cantabria.

Doutra banda, espéranse precipitacións e acumulacións de máis de 15 litros por metro cadrado en 1 hora e de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas na Coruña, Pontevedra e Ourense, onde serán fortes e persistentes.

Finalmente, haberá aviso por fenómenos costeiros que afectarán a Lugo, A Coruña e Pontevedra, con vento do suroeste con forza 7 e mar combinado do oeste e ondas de 4 a 5 metros.

Un home na Praia de Riazor durante un temporal costeiro na Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Un home na Praia de Riazor durante un temporal costeiro na Coruña.. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta