Desmanteladas tres festas ilegais no martes de entroido en Ferrol

En total foron identificadas unha vintena de persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2021 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ferrol tramitou o pasado 16 de febreiro, martes de Entroido, unha vintena de denuncias a mozos por reunirse con non conviventes e incumprir así as restricións actuais para frear a Covid-19.

Segundo informou a Policía Local nun comunicado, sobre as 13,00 horas do pasado martes na rúa Enrique Granaderos, os axentes sancionaron a un grupo de persoas de entre 19 e 28 anos por reunirse sen ser conviventes. Do catro denunciados, dous eran multirreincidentes, polo que a súa multa será a máxima entre 1.803 e 3.005 euros.

Mentres, na estrada Alta do Porto, na zona do Baluarte, pasadas as 18,00 horas había un grupo de dez persoas que, ao detectar a presenza policial, botaron a correr. Neste caso foron localizados e identificados cinco mozos, todos menores de entre 15 e 17 anos, polo que a Policía Local puxo en coñecemento dos seus pais os feitos, ademais da tramitación das denuncias por reunirse con non conviventes.

Por outra banda, sobre as 20,00 horas foron denunciados na zona de Bertón outro grupo de mozos, todos maiores de idade, de entre 20 e 22 anos, dos que foron propostos para sanción dez deles. Así mesmo, máis tarde, na zona do antigo lavadoiro da rúa Celso Emilio Ferreiro, outro dez novos, tamén maiores de idade, foron propostos para sanción por reunirse sen ser conviventes.

Botellón
Botellón | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta