A Xunta pídelle a Sánchez o que non lle pedía a Rajoy; a gratuidade de viaxes e descontos do 60% na AP-9

Pide que o tramo de volta sexa gratis para os turismos e o 60% de descontos nas viaxes de ida e volta do transporte de mercadoría.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/02/2021 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A Xunta quere que o Goberno central dea xa pasos decisivos para bonificar aos usuarios da AP-9. A pesar de que Madrid anunciou xa 50 millóns de euros para aliviar as custosas peaxes da Autoestrada do Atlántico, o certo é que o Goberno galego di que “aínda non se viron nada deses millóns”. Por iso, propón que pase á acción e aplique bonificacións a turismos e vehículos de transporte.

Neste sentido ten duas propostas concretas; a gratuidade da viaxe de volta para todos os vehículos lixeiros en calquera día da semana e un desconto do 60% de ida e volta para os vehículos pesados.  No primeiro dos casos tamén aposta por un desconto do 25% nas viaxes de ida se se producen nun intervalo de 24 horas e de luns a sábado.  Sobre a segunda das bonificacións di que vai destinado ao transporte de mercadorías para “desonxestionar as estradas convencionais e garantir a seguridade no tráfico”.

A evolucion das peaxes en Galicia é un agravio e xa levamos tempo solicitando a rebaixa das peaxes”, dixo o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. “O que pedimos é que se cumpra o prometido con Rajoy, que se libere a peaxe de Redondela e se apliquen esas bonificacións comprometidas”, apuntou.

Sobre este plan de bonificación dixo que é “moi meditado pero estas dúas medidas son as que poden ter máis alcance”. “É unha proposta sólida e eficaz e está amparada en cifras”, indicou ao tempo que apuntou que tamén pedirán ao Goberno central que deixe sen efecto as subas estraordinarias de Audasa polas obras de ampliación en Rande.

A nosa proposta nace ante a inactividade do Goberno central xa que se non aplica eses 50 millóns anunciados de nada vale. É cuestión de vontade. Se houbera vontade pois isto se poderíase aplicar de xeito moi rápido”, concluíu.

Ppeaxe da AP-9 en Guísamo
Ppeaxe da AP-9 en Guísamo | Fonte: Youtube

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alienao

Galleguiños.