Axudas por un millón de euros para o sector das orquestras

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a resolución da liña de axudas convocada pola Xunta para apoiar a actividade das orquestras galegas, cunha inxección de 1 millón de euros da que se benefician medio centenar de empresas deste sector.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2021 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a resolución da liña de axudas convocada pola Xunta para apoiar a actividade das orquestras galegas, cunha inxección de 1 millón de euros da que se benefician medio centenar de empresas deste sector.

Con este apoio, o Goberno autonómico colabora nos gastos dos eventos que desenvolvan tanto en Galicia como fóra da Comunidade e impulsa que nas súas xiras e materiais se promova o Xacobeo 2021-2022.

As axudas outorgáronse en réxime de concorrencia competitiva, valorando, entre outras cuestións, o número de actuacións realizadas en Galicia e fóra dela durante o 2019 por contratos ou o número de compoñentes do elenco artístico e non artístico da orquestra.

Así, o Goberno autonómico contribuirá a sufragar gastos como o aluguer de equipos, locais, carpas ou similares, gastos directos dos artistas como salarios, viaxes ou dietas, así como calquera outro gasto relativo aos eventos que se programen.

A liña de axudas enmárcase na actual crise sanitaria ocasionada pola covid-19 e que incide directamente nestas empresas, cuxas actuacións ven limitadas.

Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta