Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/02/2021 | Actualizada ás 17:49
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recoñeceu este xoves que a vacinación non é 100% efectiva e que, hai casos, nos que o virus pode atacar ás persoas a pesar de estar vacinadas tal e como está acontecendo nalgunhas residencias de anciáns con casos puntuais.
En todo caso, Rueda suliñou a idoniedade desta medida porque, dixo, a pesar de contaxios puntuais, a vacinación dos centros de maiores está dando resultado e “baixaron enormemente” os casos. “A comparación da actual situación coa de fai unhas semanas fala ás claras da eficacia das vacinas”, dixo ao tempo que apuntou que “non existe garantía 100% de inmunidade”.
RESPONSABILIDADES
Por outra banda, volveu criticar ao Goberno central pola falta de “planificación” e destacou que agarda que Galicia reciba as doses comprometidas para a vacinación da poboacións de maiores de 80 anos en función da porcentaxe que estes representan no conxunto do Estado. “Teremos que recibir ese número de vacinas porque estamos moi por debaixo no nivel de vacinación aínda que nós teñamos todo preparado”, dixo.
Neste sentido, insisistiu en que a Xunta ten todo o sistema de vacinación “preparado e listo” e que o problema é do subministración das vacinas. “Necesitamos seguridade no subministro e que ese número de vacinas que se nos di ten que chegar, pois que chegue, porque senón complícase a planificación da vacinación”, repetiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.