Falta de profesionais e de accesibilidade, entre os principais incumprimentos da normativa en residencias

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/02/2021 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social, María Francisca Gómez, detallou que a falta de profesionais e de accesibilidade están entre os incumprimentos detectados en maior medida en residencias no marco de inspeccións realizadas nos últimos anos.

A secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social, María Francisca Gómez, comparece en comisión parlamentaria
A secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social, María Francisca Gómez, comparece en comisión parlamentaria | Fonte: Xunta.

Nunha comparecencia na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia, a secretaria xeral técnica precisou que, nos últimos anos, os principais motivos que motivaron a apertura de expedientes sancionadores debéronse a infraccións leves, como a falta de actualización de información documental e deficiencias estruturais das instalacións, como a presenza de humidades e a falta de accesibilidade, mobiliario e utensilios adecuados.

Ademais, explicou que se constataron infraccións graves, como a falta de persoal suficiente ou sen a titulación adecuada, e moi graves, como a obstrución ao labor inspector. Así, indicou que se detectaron centros que non dispuñan dun profesional de Enfermaría, que debe estar localizable ou presente no centro de modo continuo de acordo co número de usuarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta