Cartas e mails de agradecemento, o plan do Sergas para recoñecer aos sanitarios un ano despois da pandemia

Destina medio millón de euros para o benestar emocional de todo o persoal cun programa que recolle a instalacións nos hospitais de caixas de correos para recibir felicitacións.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/02/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

conselleiro  de  Sanidade,  Julio  García  Comesaña,  presentou este xoves,  no  Consello  da  Xunta,  o Plan  de  intervención  psicosocial  para  o  apoio  e  a  atención  ao  persoal  do  Sergas  na  pandemia  da  covid.  Este  plan, segundo dixo, ten  por  obxecto  dar  un  recoñecemento  explícito ao persoal sanitario e dar, tamén, “unha resposta unificada en todas as áreas para previr e  minimizar  as  repercusións  sobre  a  saúde  e  o  benestar  emocional  dos  44.000  profesionais   que   traballan   nas   institucións   sanitarias   do   Sergas   durante   a   crise   sanitaria”.

Con   este   obxectivo,   o   Plan   inclúe   distintas   liñas   de   actuación   e   estratexias   de   intervención.  As  estratexias  realizaranse  cun  programa  de  acompañamento  e  apoio  psicolóxico  a  profesionais  “Cóidate  para  coidar“,  que  contará,  como  mínimo  en  cada  area  sanitaria,  cun  profesional  da  psicoloxía  clínica  específico  para  profesionais,  e  co  apoio de psiquiatra e dos servizos de prevención de riscos laborais para impulsar este programa.

CAIXAS DE CORREO E EMAILS

“Resulta  necesario  e  de  xustiza  manifestar,  potenciar  e  soster  o  recoñecemento  ao  traballo  e  dedicación  de  todo  o  persoal  durante  a  pandemia”, apunta a Xunta.  Nesta  liña,  prevense accións  para  facilitar  á  cidadanía  a  transmisión  do  seu  agradecemento  baixo  o  lema  #grazasxtanto. Os centros  sanitarios disporán de caixas de correo físicas en lugares visibles para que os pacientes poidan escribir aos profesionais, e estes visibilizar, de forma tanxible, o recoñecemento da cidadanía.

Así, tamén, haberá contas de correo electrónico, entre outras iniciativas de participación cidadá. Tamén se incidirá na “escoita activa” como organización. Para iso, segundo o Sergas, “estableceranse canles claras e  eficaces  de  comunicación  interna  e  participación  para  incrementar  o  coñecemento  sobre  a  situación  da  pandemia  e as  accións  que  se  están  a  levar  a  cabo  para  o  seu  control  (vacinación,  cribados,  datos  epidemiolóxicos,  actualizacións de protocolos e procedementos de traballo, etc.), fomentando, tamén, a súa participación na toma de decisións”.

CONTROL EMOCIONAL

De  xeito  simultáneo  a  estas  medidas,  elaboraranse  pautas  e  accións  formativas  relacionadas  co  autocoidado  emocional.  O  día  2  de  marzo  comezarán  estas  accións  que estarán á disposición de todo o persoal por vía telemática, contando coa presenza de  Alejandra  Vallejo-Nagéra,  psicóloga  e  experta  en  xestión  do  estrés,  ansiedade  e  mindfulness. Tamén está   prevista,  o   mes   seguinte,   a   colaboración   de   Rafael   Santandreu, psicólogo, terapeuta e comunicador no ámbito do benestar emocional.

Para levar a cabo este programa, está previsto un orzamento de máis de medio millón de euros, a maior parte do cal, 445.997 euros, vai destinado á incorporación de persoal psicólogo  clínico  en  cada  unha  das  áreas  sanitarias  no  ano  2021,  dentro  do  Plan  de  Saúde  Mental  poscovid  2020-2024.  Así  como  de  accións  estratéxicas  de  formación,  caixas de correo, paneis e diverso material de difusión.

Viñeta de sanitarios ante un buzón de correos
Viñeta de sanitarios ante un buzón de correos | Fonte: fundacionhospitaloptimista.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta