Temas: SAúDE GRIPE

Galicia non detecta ningún caso de gripe, fronte aos 38 mortos e 1.197 ingresos de hai un ano

En toda España, a tempada de gripe rexistra sete deteccións, fronte a 6.927 o ano pasado.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/02/2021 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O Sistema de Vixilancia de Gripe en España (SVGE), constituído por epidemiólogos e virólogos das comunidades autónomas, o Centro Nacional de Epidemiología (CNE) e o Centro Nacional de Microbiología (CNM) do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII), detectou, ata o 14 de febreiro, apenas sete virus da gripe na tempada 2020-2021 en toda España.

Persoal de enfermaría fornece unha vacina contra a gripe na campaña de 2020, en plena pandemia polo coronavirus. Covid-19
Persoal de enfermaría fornece unha vacina contra a gripe na campaña de 2020, en plena pandemia polo coronavirus. Covid-19 | Fonte: Europa Press.

No caso de Galicia, os informes indican que, ata mediados de febreiro, non se deu ningún enfermo desta doenza, tal e como presaxiaba a ausencia de incidencia de semanas anteriores. Nas mesmas datas do ano anterior, a gripe xa producira en Galicia 38 mortes e 1.197 ingresos.

A nivel estatal, o ano pasado por estas datas notificáronse 1.757 deteccións sentinela (realizadas pola rede de médicos encargada de notificar os casos) de virus gripais. A estes hai que sumar 5.170 non sentinela. É dicir, 6.927 en total.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala no seu informe semanal que os actuais datos de vixilancia da gripe deben interpretarse con cautela, xa que a pandemia de COVID-19 "influíu nos comportamentos para solicitar asistencia médica, a dotación de persoal/rutinas nos sitios sentinela, así como as prioridades e a capacidade da realización de probas nos Estados Membros".

Temas: SAúDE GRIPE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta